Monday 06 de May de 2024

Chegan os “Autocontos”:Unha pioneira experiencia ao xeito dos autocines con contacontos en lugar de películas


Quico Cadaval e Cándido Pazó actuarán en Ribeira os próximos 26 e 27 de xuño ás 22 horas nun
novidoso formato que manterá en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente.
O «autocontos» é unha experiencia pioneira en Galicia que se fará por primeira vez en Ribeira, na Praza de España baixo a organización de JAN Producciones Culturales coa colaboración do Concello de Ribeira.
O son dos espectáculos chegará aos espectadores a través dun dial da FM dos seus vehículos, a mesma tecnoloxía que se emprega nos autocines; deste modo os espectadores poderán gardar en todo momento as distancias de seguridade esixidas pola normativa actual de espectáculos.
O narrador será seguido por duas cámaras robotizadas que emitirán en directo nunha gran pantalla ubicada enriba do escenario para que os espectadores non perdan detalle dos seu xestos.
Haberá bonos para os dous días ou entradas individuais por día para coche ou para silla: ENTRADA COCHE que permitirá ver e escoitar o espectáculo dende o interior do seu propio coche con capacidade
máxima para ata 4 persoas (suxerimos non máis de 3) ou ENTRADA SILLA: para todos aqueles que prefiran seguir o espectáculo ao aire libre dende un espazo acotado na parte de diante do escenario (deberán vir provistos de smartphone con app de radio ou radio portátil con
cascos para recibir o audio a través do dial da FM indicado pola organización).